Publicador de contidos

Publicador de contidos

Inditex aumentou as súas vendas nun 3,2% e o beneficio neto un 6% en 2025

Inditex aumentou as súas vendas nun 3,2% e o beneficio neto un 6% en 2025

A xunta de accionistas aprobou o nomeamento do expresidente de Bankia, José Ignacio Goirigolzarri, como novo conselleiro 

Inditex incorpora ás etiquetas un código QR que facilitará a compra ás persoas con limitacións visuais

G24.gal 07/07/2026 14:23 Última actualización 07/07/2026 20:50

Nin o complicado contexto xeopolítico internacional freou a súa expansión. As vendas do xigante do téxtil medraron un 3,2% en 2025, e o beneficio neto da compañía superou os 6.200 millóns, un 6% máis que o ano anterior.

A presidenta de Inditex, Marta Ortega Pérez, fixou aos clientes como obxectivo prioritario da compañía para "seguir mellorando", na súa intervención ante a xunta xeral ordinaria de accionistas celebrada este martes na sede do grupo, en Arteixo.

Tamén incidiu en seguir traballando para "facer accesible o deseño, a calidade e a innovación" e conectando "con máis culturas".

"As tendencias pasan, a moda cambia, pero a conexión coas persoas permanece", recalcou nunha intervención na que asegurou que os clientes son os que impulsan á compañía "para seguir mellorando" e isto mirando "cara adiante" pero "sen esquecer de onde vimos".

"O que mantivo forte a Inditex é a súa capacidade de cambiar pero sen perder o que a define: o seu xeito de entender as cousas e de mirar o futuro". "Chegar cada vez máis lonxe e ser máis Inditex que nunca", aseverou.

"A contorna cambia pero hai algo que permanece, as persoas, as súas emocións e o que esperan de nós".

"Máis aló dos resultados dun ano debe guiarnos xerar un impacto positivo en Galicia, en España e en todos os lugares onde desenvolvemos a nosa actividade", insistiu.

Con recoñecemento ao equipo que conforma a compañía, aludiu ás posibilidades que ofrecen a Intelixencia artificial e os cambios tecnolóxicos.

"Pero mesmo nese contexto seguimos crendo que o verdadeiro valor está nas persoas, no criterio e na empatía", engadiu.

A presidenta de Inditex insistiu tamén en que a compañía soubo "manterse forte ao longo do tempo". "Sen perder nunca aquilo que a define: a súa cultura, a súa alma".

A súa intervención finalizouna agradecendo o seu labor ao ata hoxe conselleiro independente coordinador Rodrigo Echenique por "os seus 12 anos de rigor, dedicación e compromiso".

O xunta xeneral ordinaria de accionistas de Inditex aprobou este martes o nomeamento do expresidente de Caixabank José Ignacio Goirigolzarri, que foi presidente de Caixabank entre 2021 e 2024, como novo conselleiro independente da compañía.

Goirigolzarri, que tamén foi conselleiro delegado de BBVA e presidente de Bankia, substituirá a Rodrigo Echenique, que deixará o seu asento ao concluír o prazo de duración do seu mandato o próximo día 12 de xullo.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade