Publicador de contidos

Publicador de contidos

Inditex incorpora ás etiquetas un código QR que facilitará a compra ás persoas con limitacións visuais

Inditex incorpora ás etiquetas un código QR que facilitará a compra ás persoas con limitacións visuais

O código, que comezou a implementarse o mes pasado en todas as marcas de Inditex, non precisa un enfoque preciso coa cámara para proporcionar toda a información do artigo en cuestión

Pódese ler coa aplicación da marca ou coa de Navilens, compatible con todas as firmas do grupo Inditex

G24.gal 07/07/2026 14:26

A principal novidade é que este código QR, que comezou a implementarse o mes pasado en todas as marcas de Inditex, non precisa un enfoque preciso coa cámara para proporcionar toda a información da prenda en cuestión: talla, cor, deseño e prezo.

No proceso, o grupo téxtil buscou o asesoramento da ONCE: "Esta é a verdadeira inlusión, a que pon as persoas no centro e elimina barreiras", salientou Manuel Martínez, o seu delegado en Galicia.

O código pódese ler coa aplicación da marca ou coa de Navilens, compatible con todas as firmas do grupo Inditex. En decembro estará incorporado ás etiquetas de todos os produtos. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade