Inditex aproba o nomeamento de Goirigolzarri e a subida das retribucións
A xunta tamén decidiu actualizar as retribución de Marta Ortega, Óscar García Maceiras e o Consello de Administración
Jesús Hellín / Europa Press
A Xunta Xeral Ordinaria de Accionistas de Inidtex aprobou este mércores o nomeamento do expresidente de CaixaBank, José Ignacio Goirigolzarri, como novo conselleiro idependente da compañía. O exresponsable de Bankia e BBVA substituirá a Rodrigo Echenique, cuxo mandato remata o próximo 12 de xullo.
A reunión serviu tamén para aprobar a reelección de Óscar García Maceiras como conselleiro executivo; de Marta Ortega e Flora Pérez como conselleiras dominicais, e de Denise Patricia Kingsmill, Pilar López e Belén Romana como conselleiras independentes.
Outro dos puntos destacados da xunta foi a actualización da política de remuneracións para o período 2027- 2029. A compañía propón incrementar as retribucións do Consello de Administración, unha decisión que xustifica polos excelentes resultados obtidos polo grupo nos últimos exercicios.
Ademais, os accionistas votarán a aprobación dun dividendo de 1,75 euros por acción, correspondente aos resultados do 2025. O segundo pagamento, de 0,875 euros por acción, está previsto para o próximo 2 de novembro.