Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha incidencia técnica provoca retrasos nos trens de alta velocidade con orixe e destino Galicia

Unha incidencia técnica provoca retrasos nos trens de alta velocidade con orixe e destino Galicia

Renfe anuncia o establecemento dun plan alternativo de transporte por estrada para os trens afectados

G24.gal 02/07/2026 08:33

Os trens de alta velocidade con orixe e destino Galicia poden verse afectados con atrasos por unha falta de tensión entre Porta de Galicia e Seabra provocada por unha máquina exploradora, segundo informa Adif. 

A situación afecta os traxectos entre Madrid e Lugo, Santiago de Compostela e Vigo.

O operador indica que se mobilizou o persoal necesario para solucionar esta incidencia canto antes.

Renfe tamén anunciou o establecemento dun plan alternativo de transporte por estrada para os trens afectados e pídelles aos usuarios que sigan as indicacións do seu persoal.

Tamén se habilitaron cambios e anulacións sen custo para os viaxantes que así o soliciten.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade