Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro municipios galegos están entre os 25 de España coa vivenda máis barata

Catro municipios galegos están entre os 25 de España coa vivenda máis barata

Vilamarín ocupa o cuarto lugar de todo o Estado coa vivenda máis accesible, taxada en 450 euros o metro cadrado

Os outros tres municipios galegos coa vivenda máis barata son os ourensáns de Leiro e A Merca e o pontevedrés do Covelo

 

G24.gal 07/07/2026 11:21

Catro municipios galegos figuran entre os 25 concellos españois máis baratos para comprar casa, segundo un estudo do portal inmobiliario, Idealista que se basea no seu informe de prezos do segundo trimestre do ano.

Trátase dos concellos ourensáns de Vilamarín, Leiro e A Merca e do municipio pontevedrés do Covelo. Vilamarín ocupa o cuarto lugar na táboa estatal e os outros tres sitúanse entre o décimo terceiro e o décimo oitavo posto.

O municipio cordobés de Fuente Obejuna sitúase como a localidade máis barata de España para comprar unha vivenda, cun prezo medio de 369 euros por metro cadrado, cando o prezo medio en Andalucía é ata un 87,4 % máis caro.

Nos concellos galegos sinalados como dos 25 máis baratos de España, o prezo do metro cadrado oscila entre os 450 e os 528 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade