España comeza o mundial de balonmán cun triunfo doado contra Kazakhstán

Alicia Fernández achegou dous goles e dirixiu con acerto o ataque da selección española

G24.gal 29/11/2023 21:38 Última actualización 29/11/2023 21:52

A selección española comezou o Mundial feminino de balonmán cunha clara vitoria sobre Kazakhstán (34-17, 14-8 ao descanso). Custoulle un pouco ao comezo do partido, pero co paso dos minutos o cadro español amosou a súa superioridade. 

A xogadora de Valdoviño Alicia Fernández foi unha das destacadas do encontro, axudando no aspecto goleador con dous tantos nese inicio en que pesaban os nervios e dirixindo con mestría o xogo ao comezo da segunda metade con acerto para propiciar a vantaxe definitiva no marcador. 

Maitane Echevarría, Gassama e Mireia González foron as máis atinadas cara á portería contraria con cinco goles, e a selección resolveu este primeiro encontro dun xeito doado. Na primeira fase quedou demostrado que o gran partido será contra Brasil, que se impuxo a Ucraína por 35-20. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos