España afronta a cita de Suíza, a última antes de xogar en Galicia

Na cuarta xornada da Liga das Nacións aspira a manter o pleno de triunfos que as achegue ao soño olímpico

G24.gal 30/10/2023 19:52

A selección española feminina de fútbol medirase este martes (19:00) á selección suíza, á que xa lle gañou en Córdoba por 5-0. España lidera o grupo A4 da Liga de Nacións cun pleno de vitorias e quere lograr o cuarto triunfo, que a achegue un pouco máis ao soño de obter unha praza nos xogos olímpicos de 2024. 

As campioas do mundo e favoritas do grupo non queren confianzas e aseguran que afrontan "co máximo respecto" o partido. Así o dixo Montse Tomé, a seleccionadora, que agarda chegar ás dúas últimas citas con 12 puntos e ter unha pequena marxe de erro. 

Este será o último partido antes de vermos a selección española feminina en terras galegas. O seguinte encontro, o 1 de decembro, xogarase en Galicia e ante Italia, coa posibilidade de conseguir a clasificación matemática.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade