Deteñen dúas persoas polo asalto armado a un chalé en Marín

Os ladróns detonaron varias veces unha escopeta para intimidar a familia da vivenda

A Policía Nacional detivo os presuntos autores, que actuarían por encargo

G24.gal 29/11/2023 13:59

Os feitos sucederon o domingo 22 de outubro, cando dous homes armados cunha escopeta asaltaron un chalé situado entre as parroquias de Seixo e Ardán. Para asustar a familia, que se atopaba na casa, chegaron a detonar dúas veces a arma.

Despois do roubo fuxiron nun coche que a policía localizou nos arredores da zona urbana de Marín. Os axentes atoparon no interior luvas e un pasamontañas e, moi preto do vehículo, varios cartuchos de arma de fogo. A pista levounos á primeira detención dun dos presuntos autores do delito. O segundo sería localizado e arrestado despois en Sanxenxo.

Segundo informa a Policía Nacional, ambos actuarían por encargo de terceiras persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade