Detido un home investigado por acoitelar o cliente dun casino na Coruña

Ambos os dous mantiveron unha discusión de madrugada e a principal hipótese é que foi un atraco

Entrada do Casino Atlántico, na Coruña
G24.gal 19/11/2023 12:56 Última actualización 19/11/2023 15:02

A Policía Nacional detivo na Coruña un home investigado por acoitelar outro e deixalo ferido de gravidade. 

Segundo as forzas de seguridade, ambos os dous mantiveron unha discusión de madrugada nas proximidades do Casino Atlántico, no centro da cidade. Nun momento dado, un deles cravoulle o coitelo o outro nas costas.

A vítima é un cliente habitual da casa de xogos onde aconteceron os feitos. Alí estivo xogando durante a noite coa súa dona. Contra as dúas da madrugada marcharon, segundo aseguraron, con 16.500 euros, o que gañaron máis o diñeiro que levaban previamente.

Xa no exterior do local, unha muller pediulles cartos pero, ao negarse, regresou acompañada dun home armado cun coitelo de cociña.

O suposto agresor permanece detido e entregou a arma. O agredido está hospitalizado con feridas graves. Dos cartos, eses 16.500 euros, non hai rastro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar