Besteiro empraza a acudir ás urnas para que todos "se sintan representados"
O secretario xeral do PSdeG anima a acudir ás urnas para que haxa unha mobilización masiva
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acudía a votar este domingo ás 11 da mañá en Lugo, no CEIP Rosalía de Castro. Tras exercer o seu dereito ao voto, o lider dos socialistas galegos fixo un chamamento á cidadanía para que acudese masivamente ás urnas ata as 20 horas, hora de peche dos colexios electorais.
Besteiro comezou dicindo que a "democracia é maravillosa é que democracia é poder votar":
"A democracia e poder votar e poder e por iso veño de exercer o meu dereito e a animar a todo o mundo, a todos e a todas a que hoxe haxa unha mobilización masiva."
Explicou Besteiro que pedía esa "mobilización masiva para que todos e todas nos sintamos representados nesta votación, nesta exaltación da democracia" que é o que son as elección. Finalmente lembrouse con agarimo de todas as persoas que hoxe traballan para facer posible que se celebren con normalizade estas eleccións do 29-N.