Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo pide aos españois que non voten con medo, que voten con memoria

Feijóo pide aos españois que non voten con medo, que voten con memoria

O candidato á Presidencia polo Partido Popular declarou aos medios que hoxe é un día clave para o futuro de España

G24.gal 29/11/2026 10:26

O presidente do Partido Popular e candidato á Presidencia do Gobermo, Alberto Núñez Feijóo, exerceu o seu dereito o voto arredor das 10:40 horas no Colexio Ramiro de Maeztu, en Madrid.

Feijóo declarou aos medios que hoxe é un día clave para o futuro de España.

"Hoxe é un día no que os españois collen o temón para escoller o destino de España. Durante os próximos 4 anos, pode haber un antes e un despois no país"

Ao ser preguntado polas desconfianzas no reconto de votos e presuntos pucherazos, Feijóo confirmó que "confía nos interventores, apoderados, na limpeza do escrutinio, e como demócrata confía no sistema do seu país".

Os medios preguntaron a Alberto Núñez Feijóo pola súa visita a Ceuta durante a xornada de reflexión, ao que respondeu que "por que non podería visitar a un compañeiro e ir a unha cidade española".

O presidente do PP tamén quixo agradecer a todas as persoas que están a traballar neste día.

"Moitas grazas a todo os que estas traballando hoxe, a todos os que conforman as mesas, a todas as forzas do estado, os apoderados e interventores"

Por último, o candidato Feijóo mandou unha mensaxe a todos os que voten estas eleccións.

"Quero dicir a todos os españois que non voten con medo, que voten con memoria e con convicción"

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade