Publicador de contidos

Publicador de contidos

Verónica Barbero insta a exercer o «poder da xente» tras votar en Baiona

Verónica Barbero insta a exercer o «poder da xente» tras votar en Baiona

A candidata da Fronte Ampla recorre varios colexios electorais da provincia de Pontevedra antes de seguir o escrutinio desde Santiago, amosándose convencida de acadar un gran apoio nos comicios

G24.gal 29/11/2026 10:56

A candidata da Fronte Ampla, Verónica Barbero, depositou o seu voto ás 10:30 na Escola de Educación Infantil de Sabarís, en Baiona.  Desde alí, destacou a importancia dunha día coma hoxe, no que a xente pode exercer un gran poder. 

"Hoxe todo o poder deste país cabe nun sobre, hoxe é o día do poder da xente", asegurou Verónica Barbero desde o seu colexio electoral. 

Verónica Barbero comentoulle aos xornalistas que durante esta xornada percorrerá varios colexios electorais da provincia de Pontevedra. E xa pola noite seguirá os resultados desde Santiago co resto de compañeiros do seu partido. Amosouse convencidade de que acadarán un grande apoio nestes comicios. 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade