Alfonso Rueda recalca que hoxe "España e Galicia se xogan moito"
O presidente da Xunta quixo agradecer a todas as persoas que están traballando neste día, especialmente a aquelas que están nas mesas electorais
Por outra banda, o secretario xeral do PP nacional e cabeza de lista ao Congreso pola provincia da Coruña, Miguel Tellado expresou que esta xornada é decisiva para o futuro do país
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda acudiu a votar este domingo arredor das 12:15 horas ao colexio electoral do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, en Pontevedra.
Rueda quixo agradecer a todas as persoas que están traballando neste día, especialmente as que están traballando nas mesas electorais e desexoulles "unha xornada con completa normalidade".
Asemade, o predidente da Xunta chamou aos cidadáns a participar nestas eleccións, xa que "España e Galicia se xogan moito".
"Quero facer unha chamada á participación, aínda que pola miña impresión e polos datos que van saíndo espero unha particición moi alta. España, e Galicia, por su posto, xóganse moito".
O secretario xeral do PP nacional e cabeza de lista ao Congreso pola provincia da Coruña, Miguel Tellado, acudiu a votar no colexio electoral localizado no CEIP Cruceiro de Camido, en Ferrol.
Expresou que esta xornada é decisiva para o futuro do país, así como dos fillos e os fillos destes.
"A sociedade española fala e decide o futuro dun país polos próximos anos (...) Hoxe debemos facer un chamamento á participación, xa que é un día no que se decide o futuro dos nosos fillos"