Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing iguala o golazo de Hallsson pero volve tropezar na Malata (1-1)

O Rácing iguala o golazo de Hallsson pero volve tropezar na Malata (1-1)

O Mérida adiantouse cunha gran chilena do seu dianteiro

Eto'o, que reclamara un gol pantasma no primeiro tempo, igualou na reanudación

G24.gal 29/11/2026 13:52

O Rácing Club Ferrol suma tres partidos seguidos sen gañar na Malata. O que comezara como feudo inexpugnáble agora é un lugar no que os equipos que chegan como visitantes adoitan sacar proveito. Foi o Mérida o que rabuñou un empate despois de adiantarse cun golazo de chilena de Hallsson, un dos mellores do que levamos de temporada. 

Ese tanto antes do minuto dez condicionou o encontro. O Rácing levou a iniciativa pero non conseguiu marcar aínda que nesa primeira parte reclamou como gol un remate de Eto'o que sacou o porteiro Juhasz na mesma liña de gol. 

Por oportunidades o cadro departamental mereceu marcar antes. Conseguiu Ettiene Eto'o o empate con bastante tempo por diante pero o equipo de Javi Vázquez foi incapaz de xerar ocasións claras que lle permitiran levar un mellor resultado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade