Abascal anima a participar "con valor" para "non arrepentirse mañá"
O líder de Vox chamou a poboacion a "votar sen medo" e con "toda a esperanza que España merece"
O presidente de Vox, Santiago Abascal, votou no colexio Pinar del Rey, en Madrid, pasadas as 11:30 horas. Tras agradecerlle aos medios de comunicación o seu traballo durante estas xornadas, fixo un chamamento á participación masiva.
"Xa o dixen todo durante esta campaña electoral. Hoxe únicamente quero animar os españois a votar, a unha participación masiva para que non haxa que arrepentirse mañá".
Abascal manifestou a súa confianza no desenvolvemento dunha xornada pacífica e animou a poboación a votar "con toda a esperanza que España merece".
"Eu confío que todas esas persoas que teñen dereito a voto poidan exercelo de xeito libre e pacífico nunhas eleccións sen ningún tipo de violencia, sen ningún tipo de incidencia. Agardo que os españois poidan votar sen medo, sen pesimismo. Eu anímoos a que acudan hoxe ás urnas con todo o valor, con toda a esperanza qe España merece".