Deteñen o actor Juan José Ballesta por un roubo con violencia en Madrid

A Policía Nacional detivo o actor por, supostamente, agredir e roubar diñeiro e unha cazadora a un coñecido seu

EFE/ Daniel González EFE/ Daniel González
G24.gal 29/11/2023 10:38

A Policía Naciona detivo o actor Juan José Ballesta por, supostamente, agredir e roubar diñeiro e unha cazadora a un coñecido seu. Os feitos tiveron lugar sobre as 8:00 horas deste martes no distrito madrileño de Hortaleza.

Segundo informaron fontes policiais, o actor quedou cun coñecido e, tras enredarse nunha discusión, agredíronse mutuamente. Durante a pelexa, o actor aproveitou para furtar o diñeiro e a cazadora para despois fuxir inmediatamente nun vehículo. Posteriormente, o actor foi localizado e detido como presunto autor dun delito de roubo con violencia.

Ademais, o actor está a ser investigado polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Parla (Madrid) por unha presunta agresión sexual cometida o verán pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade