Desvíos de tráfico na AP-9 esta noite en Santiago

Os cortes prodúcense polas obras no Orbital

Mapa das obras na AP-9 Mapa das obras na AP-9
G24.gal 06/11/2023 10:06 Última actualización 06/11/2023 11:07

Según informa o Goberno, dende as 22.00 horas deste luns ata as 6.00 horas do martes, a estrada AP-9 permanecerá cortada en ambos os sentidos.

Isto é debido ao traslado dun tendido eléctrico aéreo que atravesa o trazo da AP-9, á altura da E-03 (quilómetro 64,757), onde se están a realizar as obras para crear a conexión entre a AP-9 e a A-54.

Establécense itinerarios alternativos

O tráfico que circule pola AP-9 en sentido A Coruña deberá abandonar a estrada pola saída 67, do enlace de Santiago Norte. Trátase da saída anterior á zona afectada pola obra.

Se o destino é a A-54 ou o aeroporto de Santiago, a ruta alternativa sería pola SC-20 sentido norte, e pola SC-20/N-550 con destino Sigüeiro, con posibilidade de retomar a AP-9 en sentido A Coruña.

Os automóbiles que circulen pola AP-9 sentido Pontevedra efectuarán o seu desvío pola saída 55. Continuarán o seu percorrido pola N-550 en sentido Pontevedra, coa alternativa do enlace co periférico SC-20 e a posibilidade de retomar a AP-9 en sentido Pontevedra no quilómetro 67, enlace de Santiago Norte.

Ademais da sinalización habitual, refórzase a vertical de obra, acompañada polos paneis de sinalización variable da AP-9. Tamén se implantarán carteis informativos nos puntos inmediatos ás saídas da autoestrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade