Publicador de contidos

Publicador de contidos

Envorca un camión cisterna na AP-9 con 32.000 litros de gasóleo

Envorca un camión cisterna na AP-9 con 32.000 litros de gasóleo

A Xunta activa o Plan de Emerxencia Transgal

O acceso a zona atópase cortado por motivos de seguridade

A Consellería de Sanidade estableceu unhas recomendacións as vivendas achegadas á zona

G24.gal 06/06/2026 10:27 Última actualización 06/06/2026 11:25

O envorco dun camión cisterna que contiña 32.000 litros de gasóleo provocou o corte da AP-9 á altura do punto quilométrico 164, con sentido Tui no termo municipal de Mos.

En total, vertéronse uns 7.000 litros de gasóleo, o resto foi traspasado a outro camión da empresa.

Aínda que o camión xa foi retirado, o acceso a zona atópase cortado por motivos de seguridade.

A Xunta activa o Plan de Emerxencia Transgal

O camión, que cargaba gasóleo, envorcou arredor das 9:30 horas desta mañá, de maneira que se produciron varias fugas e mesmo chegou a prender lume, aínda que este xa foi sufocado polos servicios de emerxencias. Con todo, non constan persoas afectadas polo suceso, aínda que foi preciso cortar a circulación pola AP-9 neste punto.

Isto obrigou a activar o Plan de emerxencias por accidente de transporte de mercadoría perigosa implicado (Transgal). Ao abeiro deste Plan, coordínanse as distintas intervencións dos recursos de emerxencias, que estudan a maneira de retirar vehículo e carga coa menor repercusión para a contorna e a veciñanza.

En canto aos medios e recursos mobilizados, atópanse traballando no puntos os Bombeiros do Baixo Miño máis os de Vigo, ademais do GES de Mos e da Garda Civil de Tráfico.

Con todo, recoméndase á poboación evitar aproximarse á zona e seguir as indicacións das autoridades.

Recomendacións da consellería de Sanidade

Tras o accidente e os 7.000 litos de combustible vertidos, a consellería de Sanidade estableceu unhas recomendacións as vivendas achegadas á zona.

Ante calquera indicio de posible contaminación da auga (olor a combustible, sabor anómalo ou presenza de manchas aceitosas), recoméndase non empregar a auga, evitar os espazos se se detecta cheiro a combustible ou produtos químicos, pechar a chave de paso do pozo...

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade