Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abren o carril esquerdo da AP-9 tras o envorco dun camión cisterna en Mos

Abren o carril esquerdo da AP-9 tras o envorco dun camión cisterna en Mos

Sobre as 21:45 deste sábado procedeuse á apertura do carril esquerdo da autoestrada

A Xunta mantén activado o plan de emerxencia Transgal, polo derramo de mercadoría perigosa

A concellería de Sanidade de Mos estableceu unhas recomendacións para as vivendas próximas á zona

Momento en que un guindastre retira o camión da autoestrada. EFE/ Sxenick. Momento en que un guindastre retira o camión da autoestrada. EFE/ Sxenick.
G24.gal 06/06/2026 19:46 Última actualización 06/06/2026 20:20

O envorco dun camión cisterna que contiña 32.000 litros de gasóleo esta mañá provocou o corte da AP-9 á altura do punto quilométrico 164, con sentido Tui no termo municipal de Mos.

En total vertéronse uns 7.000 litros de gasóleo, e o resto foi traspasado a outro camión da empresa.

Sobre as 21:45 deste sábado, procedeuse á apertura do carril esquerdo da vía cunha limitación de 80km/h. O carril dereito continúa pechado para seguir cos labores de limpeza.

Recomendacións da Consellería de Sanidade

Tras o accidente e os 7.000 litos de combustible vertidos, a Consellería de Sanidade estableceu unhas recomendacións dirixidas ás vivendas situadas na contorna.

Ante calquera indicio de posible contaminación da auga (olor a combustible, sabor anómalo ou presenza de manchas aceitosas), recoméndase non empregar a auga, evitar os espazos se se detecta cheiro a combustible ou produtos químicos, pechar a chave de paso do pozo...

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos