Cargando resultados...
Desartellan no barrio coruñés de Monte Alto un punto de venda de droga
Desartellan no barrio coruñés de Monte Alto un punto de venda de droga
A Policía Nacional efectuou unha detención no presunto narcopiso

G24.gal
14/11/2023 12:52
A Policía Nacional detivo na Coruña unha persoa acusada de tráfico de drogas. No interior da súa vivenda, no barrio de Monte Alto, os axentes atoparon, entre outras cousas, unha carabina, varias espadas e aínda que non deron con substancias estupefacientes, si que había no piso material e utensilios para manipular droga.
Os veciños levaban tempo queixándose de movementos raros nesa vivenda e denunciaban problemas de convivencia por ruídos e posible venda de droga. Esa era tamén a sospeita da policía, que levaba tempo investigando e controlando este piso, considerado un punto negro de venda de substancias ilegais a pequena escala na cidade da Coruña.