Cristóbal Parralo mantén os pés no chan na previa do Léganes-Rácing

O técnico cordobés enviou unha mensaxe de tranquilidade, xa que "esta liga é moi longa e moi complicada"

G24.gal 24/11/2023 15:35 Última actualización 24/11/2023 15:54

O Rácing de Ferrol visita Butarque o domingo ás 14:00 h. Os verdes chegan despois de perder dous puntos nos últimos intres do partido fronte ao Burgos. Pese a elo, atópanse sextos na táboa e empatados a puntos coa zona de playoff. Na previa do partido, o técnico Cristóbal Parralo rebaixou a euforia cunha mensaxe de tranquilidade.

"Non somos ninguén para quitar a ilusión á xente, pero non nos cansaremos de dicir que esta liga é moi larga e que é moi complicada".

O preparador cordobés tamén dedicou unhas verbas para os seguidores racinguistas. 

"Acábansenos os adxectivos para a nosa afección, sempre nos sentimos apoiados. Sempre que podemos agradecemos todo o apoio que nos dan e intentamos traballar duro para non decepcionalos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos