Investigan unha orde de afastamento da parella da vítima do Porriño e a súa conexión co crime

A Garda Civil segue investigando para dar co autor do asasinato de Judith Muñoz, de 37 anos, atopada detrás dun colector no polígono industrial do Porriño o xoves pasado

G24.gal 27/11/2023 15:22

A Garda Civil prosegue a investigación para dar co autor da morte de Judith Muñoz, de 37 anos, atopada o pasado xoves detrás dun colector no polígono industrial do Porriño. O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, explicou que se investiga se existe conexión entre a orde de afastamento que tiña a parella da muller e o seu crime.

A autopsia, segundo confirmou esta mañá o delegado do Goberno en Galicia, revelou que foi vítima dunha morte violenta. Pedro Blanco tamén asegurou que se investiga como feminicidio aínda que non poden confirmar con certeza se é violencia de xénero ou de calquera outro tipo.

"Quero ser prudente e imos deixar traballar á Garda Civil para que nos determine finalmente quen foi o autor ou autores", comentaba Pedro Blanco.

O delegado de Goberno incidiu en que os axentes traballan con "todas as hipóteses", na que se inclúe esta suposta conexión entre unha orde de afastamento que tiña a parella da vítima e o "fatal desenlace". Engadiu que as forzas e corpos de seguridade do Estado traballan para "antes que despois" localizar ao autor ou autores e cualificar o delito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade