Convocados cinco días de folga en Renfe e Adif polo traspaso de Rodalies

Serán paros de 24 horas que coincidirán co Black Friday e coa ponte de decembro

G24.gal 07/11/2023 21:26 Última actualización 07/11/2023 21:46

Os comités de empresa de Renfe e Adif convocaron cinco días de folga en protesta polo traspaso da xestión de Rodalies. Farán paros de 24 horas o 24 e o 30 de novembro, e tamén o 1, o 4 e o 5 de decembro, en plena ponte.

Decidiron facer estas mobilizacións, segundo explicaron fontes sindicais, ante a incerteza xerada no persoal por ese traspaso dos trens de proximidade de Cataluña á Generalitat, un compromiso que adquiriu o PSOE con ERC.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade