Conta atrás para o Nadal

O marisco xa subiu e apenas queda lotería

Comeza a conta atrás para o nadal
G24.gal 01/12/2023 14:20

Hoxe é un de Nadal, moitos estrean calendario de advento e outros botan contas para o Nadal. Os máis previsores mercaron xa a lotería de Nadal e o groso dos xantares de Nadal e fixeron ben porque  os mariscos máis valorados xa subiron. Outros pensan tamén en non quedar sen o produto desexado nestas datas.

A centola xa subiu 8 euros nos últimos días. A carne é o que menos sobe, pero si que se poden aforrar dous ou tres euros por quilo e garantir o solombo, o año ou o capón.

A loteira do Calvario en Vigo xa esgotou as terminacións en oito e tivo que pedir máis. Aínda que as vendas nunca chegaron a subir como en 2019. Os hábitos cambiaron e cada vez hai máis compradores de última hora e de número feo.

Xa están ao tope os ambulantes e os escaparates e na maioría das cidades a conta atrás do Nadal comezou xa hai días co acendido da árbore de Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar