Carlos Mouriño deixou de ser presidente do Celta o 28 de setembro

Marian Mouriño asumiu, por aprobación do consello, ser a máxima dirixente da entidade

Xunta xeral de accionistas: o martes 12 de decembro de 2023

Carlos Mouriño chegou á presidencia do Celta en 200

G24.gal 10/11/2023 12:58 Última actualización 10/11/2023 13:13

Aínda que a visibilización da substitución na presidencia do Celta realizarase o próximo 12 de decembro, con motivo da xunta xeral de accionistas, Carlos Mouriño xa non é o máximo dirixente do club desde o pasado 28 de setembro, data na que renunciou a favor da súa filla Marián segundo consta no epígrafe "acontecementos posteriores ao peche" no informe financeiro que será sometido a exame e aprobación dos asembleístas.

Marián convértese na primeira muller presidenta do Celta aos longo dos seus 100 anos de vida O punto en cuestión indica de modo literal que "con data 28 de setembro do 2023, prodúcese a dimisión do presidente do consello de administración da sociedade, Manuel Carlos Mouriño Atanes". 

O movemento veu xerado para que a nova presidenta xa puidese asinar as contas que serán sometidas á asemblea. O traspaso público de poderes farase nunha xunta xeral, o martes 12 de decembro de 2023.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar