Cal será a palabra galega do ano? A RAG abre o prazo para enviar propostas

O Portal das Palabras recolle as suxestións ata o 10 de decembro, despois votaranse as finalistas

Comadre, tanxugueiras, nós e sentidiño foron as vencedoras dos últimos anos

G24.gal 28/11/2023 14:50 Última actualización 28/11/2023 15:10

"Choiva", "amnistía" ou"resiliencia"... Nisto de elixir a palabra do ano, algúns tiran de actualidade e outros de reivindicación: "Dado o colectivo no que estou, e a situación pola que pasamos eu diría a palabra rebelión", explica un bombeiro.

Tamén hai quen aposta pola beleza da lingua: "Babuxa, é unha palabra que me encanta" ou "carballo, por exemplo".

Ou porque o idioma sexa o espello da sociedade que queremos ser: "Agarimo", "Solidariedade" ou"Ecoloxía"

Sexa cal sexa a súa proposta, será benvida no Portal das Palabras ata o día 10 de decembro. Despois farase votación entre os termos máis destacados, e antes de que remate o ano coñeceremos a elixida. Comadre, tanxugueiras, nós ou sentidiño foron as gañadoras dos últimos anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar