Localizan o home de 56 anos desaparecido en Santiago

A súa familia non sabía del desde finais de setembro

Foto do desaparecido, Manuel Dantas Gómez (SOS Desaparecidos) Foto do desaparecido, Manuel Dantas Gómez (SOS Desaparecidos)
G24.gal 06/11/2023 14:32 Última actualización 06/11/2023 19:25

A asociación SOS Desaparecidos desactivou a alerta sobre a desparición de Manuel Dantas Gómez, que xa foi localizado despois de que os seus achegados non soubesen do seu paradoiro desde finais de setembro.

Os familiares deste home de 56 anos residente en Santiago de Compostela presentaron unha denuncia pola súa desaparición despois de non ter noticias del durante semanas.  A Policía Nacional lograba identificar e localizar o home na tarde deste luns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar