Bilbao Basket-Breogán, duelo directo pola permanencia

Os dous equipos veñen de xogar en Europa, pero con distinta sorte

Mrsic segue sen contar co pivote internacional italiano Mouhamet Diouf

Foto @CBBreogan Foto @CBBreogan
G24.gal 08/12/2023 13:22 Última actualización 08/12/2023 13:27

Surne Bilbao Basket e Río Breogán protagonizan este sábado no Bilbao Area un duelo directo entre equipos que pelexan por evitar o descenso, separados tan só polos dous triunfos de vantaxe que o conxunto local ten sobre o breoganista.

Os dous equipos veñen de xogar en Europa, pero con distinta sorte. O Bilbao Basket derrotou por 75-73 ao BG Gottingen alemán na FIBA Europe Cup, mentres que o equipo galego perdeu na súa visita á cancha do Bursaspor. Esa longa viaxe ata Turquía e a baixa do pivote internacional italiano Mouhamet Diouf, un referente no xogo interior do Breogán, son dous dos principais contratempos que terá que superar o cadro dirixido por Veljko Mrsic para sumar a súa cuarta vitoria na liga Endesa.

Enfróntanse dous dos tres equipos que menos puntos logran na liga española. O Breogán media 72,8 por encontro, mentres que o seu rival roza case os 80 por encontro (78,7 de media nas doce primeiras xornadas).

A pasada tempada, liderado polo estadounidense Adam Smith, o Bilbao Basket esmagou ao Breogán por un contundente 83-66, nun partido que desnivelou no terceiro cuarto cun parcial 27-12.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos