Atopan un cranio que corresponde a Antonio Tuñas, o veciño de Mazaricos que desaparecera hai case un ano

Desde o primeiro momento descartouse que fora unha desaparición voluntaria

A investigación intenta vincular agora esta morte co perigoso delincuente Pandolo, veciño seu que estaba de permiso o día da desaparición

G24.gal 24/11/2023 09:25 Última actualización 24/11/2023 11:59

Atopan un cranio que corresponde a Antonio Tuñas, o veciño de Mazaricos de 72 anos que desaparecera hai case un ano. Os restos foron atopados no límite dos concellos de Mazaricos e Outes.

Fontes da familia explicaron que os investigadores transmitíronlles que o achado e a correspondencia co home de 72 anos foi confirmada mediante as probas de ADN.

A investigación intenta vincular agora esta morte co perigoso delincuente Pandolo, veciño seu que estaba de permiso o día da desaparición. O delegado do Goberno, Pedro Blanco, ratificou que a investigación segue aberta e que non se descarta "ningunha hipótese" nin tampouco a vinculación con outros sucesos similares. "Hai que deixar traballar as forzas e corpos de seguridade", apelou, convencido de que só así se poderá deter os autores. Tuñas saíra da casa na mañá do 15 de decembro. Marchara conducindo o seu coche e non se volveu saber nada máis de el. 

O seu vehículo apareceu días despois perfectamente aparcado nunha rúa de Carballo. Desde o primeiro momento descartouse que fose unha desaparición voluntaria. ​

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar