Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan un veciño de Mazaricos de 72 anos desaparecido desde o xoves

Buscan un veciño de Mazaricos de 72 anos desaparecido desde o xoves

A Antonio Tuñas vírono saír co coche da súa casa. O sábado o vehículo apareceu abandonado no centro de Carballo.

Dúas testemuñas aseguran que o viron desorientado o mesmo día da súa desaparición nunha aldea de Zas e nunha cafetería de Carballo

G24.gal 18/12/2022 20:51 Última actualización 18/12/2022 21:18

O coche de Antonio Tuñas, o veciño de Mazaricos de 72 anos a quen están a buscar desde o xoves pasado, apareceu abandonado o sábado pola tarde no centro de Carballo, a 40 minutos do seu domicilio. Un veciño viuno saír da casa co vehículo, pero a súa familia sospeita que outra persoa conducía o coche cando o deixaron aquí.

"Si, porque el non fumaba e estaba cheo de cinza o borralleiro. El levaba o asento botado cara adiante para chegarlles aos pedais, pero o asento estaba botado cara atrás. Non coincide con como el levaba o asento. Alguén máis tiña que ir con el no coche.", explica María Dolores Castro, sobriña de Antonio.

Axentes da Garda Civil rexistraron o vehículo e non atoparon indicios de violencia. Hai dúas testemuñas que din que o día da desaparición viron a Antonio desorientado en dous lugares distintos: en Padreiro, no concello de Zas, moi preto da súa casa, e nunha cafetería de Carballo, situada a pouca distancia de onde apareceu o coche. 

"Preguntoume porque estaba moi perdido, preguntoume pola estación de autobuses. Tomou un café e marchou", explica a propietaria da cafetería.

Os seus achegados din que Antonio levaba unha vida normal e que nunca tivera problemas de memoria. A familia confirmou que axentes da Policía Xudicial da Garda Civil van inspeccionar este luns o interior do vehículo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar