As estradas galegas suman 75 mortos neste ano

A maioría das accidentes de tráfico prodúcense polo exceso de velocidade e as distraccións ao volante

Accidente que tivo lugar nunha das estradas galegas
G24.gal 29/11/2023 16:24

Na celebración da Comisión Autonómica de Seguridade Viaria fíxose público o balance de accidentes nas estradas galegas. Segundo confirma o Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, o ano pasado houbo 90 persoas que morreron en accidentes de tráfico, 13 máis ca no 2021. No que levamos de ano, xa se contabilizan 75 vítimas mortais.

Con todo, os causantes das accidentes seguen sendo os mesmos: o exceso de velocidade e as distraccións ao volante, como o uso do teléfono móbil. Tamén, é destacable o número de sinistros provocados polo encontro con animais salvaxes nas estradas, un total de 10.000 neste último ano.

Pola súa parte, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, constata unha preocupante "relaxación das condutas nas estradas", polo que aposta por unha compra pública cara as "estradas intelixentes" en termos de iluminación e de avisos aos condutores pola presenza de fauna.

Outros datos achegados son que este ano houbo o dobre de denuncias por conducir baixo o efecto das drogas, con máis de 5.000, ademais de 4.200 denuncias polo uso do móbil ao volante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade