Cargando resultados...
A poboación arxentina en Galicia, Asturias e León vota no consulado de Vigo
A poboación arxentina en Galicia, Asturias e León vota no consulado de Vigo
Rexistra máis movemento ca na primeira volta dos comicios
G24.gal
19/11/2023 12:03
As 9.000 persoas censadas na Arxentina que residen en Galicia, Asturias e León poden exercer o seu voto nesta segunda volta no Consulado de Vigo. Na primeira volta participaron unhas 350. Nesta ocasión había máis movemento desde primeira hora.
En España poden votar nestes comicios 110.000 persoas. Na primeira volta fixérono maioritariamente pola candidata do centro dereita Patricia Bullrich (41 %). Nesta ocasión só poden optar por Milei ou Massa.