A ocupación turística nesta ponte está duplicando a do ano pasado

O turismo rural supera o 50 % e nas cidades, en especial en Santiago, están recibindo máis visitantes do previsto inicialmente

G24.gal 08/12/2023 14:48

En Santiago a comezos de semana estaban reservadas un 60 % das prazas hoteleiras. O venres, moitos hoteis superaran xa o 80 % de ocupación. A maioría son turistas procedentes doutras comunidades.

"Hai catro días tiñamos un 50 % de ocupación e chegamos ao 86 %. Unha razón poden ser as comunicacións, o tren e o avión, especialmente polas boas conexións coas illas Canarias", declara Adrián Batalla, do Hotel Altamira.

"Malia o tempo, non houbo cancelacións e vanse cumprir as previsións50 % en turismo rural, de media en Galicia, e preto do 70 % en establecementos hostaleiros convencionais", dixo Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Hostalería de Galicia.

Unha ponte tradicionalmente tranquila que este ano foi a metade de tranquila porque a ocupación dobra as cifras do ano pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade