Gavi despide a temporada: "Rotura completa do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito"

España será cabeza de serie no sorteo da vindeira Eurocopa

Gavi tivo que ser substituído no minuto 26 e estímase que estará uns oito meses de baixa

Foto EFE
G24.gal 19/11/2023 23:25 Última actualización 20/11/2023 13:04

España será cabeza de serie na Eurocopa de Alemaña logo de impoñerse por 3-1 a Xeorxia. Pero o encontro rematou cun sabor agre pola lesión de Gavi, que podería ser de longa duración. 

Foi Gavi un dos dous que se mantivo no equipo titular con respecto ao partido de Chipre. España non tardou en marcar cunha cabezada de Le Normand. Pronto empataría o equipo xeorxiano cun tanto da súa estrela Kvaratskhelia. 

A lesión do centrocampista do Barcelona condicionou un primeiro tempo en que tardaron en chegar máis oportunidades. Foi Ferrán Torres o que anotou cun remate de cabeza o 2-1 e tivo unha dedicatoria moi especial erguendo unha camisola do seu compañeiro no Barça. 

Entrou Yamal para xogar o cuarto partido con España (xa non poderá ser seleccionable por outro equipo) e puxo o centro que acabou marcando Lochoshvili na súa propia portería. España asegurou o primeiro posto e será cabeza de serie no sorteo da Euro 2024. 

3- España: Unai Simón, Carvajal, Iñigo Martínez, Le Normand, Gayá, Rodri (Zubimendi, min 85), Gavi (Sancet, min 26), Fabián, Ferrán Torres (Yamal, min 65), Nico Williams (Riquelme, min 85), Morata.

1- Georgia: Mamardashvili, Kakabazde (Mamuchashvili, min 89), Kverkvelia, Kashia, Lochoshvili, Azarov (Gocholeishvili, min 77), Chakvetadze (Altunashvili, min 89), Kvekveskiri (Mekvabishvili, min 59), Kochorashvili, Mikautadze (Davitasvhvili, min 59), Kvaratskhelia.

Goles: 1-0, min 4: Le Normand. 1-1, min 9: Kvaratskhelia. 2-1, min 55: Ferrán Torres. 3-1, min 72: Lochoshvili (p. p.).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar