A entrada dunha masa de aire frío deixa unha drástica baixada das temperaturas

As temperaturas mínimas rexístranse nas zonas de montaña e nos concellos do interior

O frío e o sol serán a tónica xeral dos vindeiros días

G24.gal 22/11/2023 14:10

Monforte amence entre orballo, presidido polo arco da bella e con frío.

"Monforte é un clima moi complexo, sempre houbo frío e néboa".

Descenderon moito os mercurios e toca prepararse para o frío.

"Agora o que hai que facer é meter moito gasóleo para non pasar frío".

"Poñer o abrigo, a manta encima".

Hai quen se abriga ben tratando de escapar aos virus.

"Necesítalo pola humidade. Que non te cace a gripe. As temperaturas xa baixaron moito, polo menos sete ou oito graos".

Pero tamén quen prefire as baixas temperaturas á calor.

"Estase estupendamente, mellor que coa calor".

Hai tempo anticiclónico pola ausencia de chuvias, pero ollo, o sol non quenta como parece.

"Neste momento saímos que pensamos que non facía tanto frío pero agora xa apetece abrigarse un pouco".

Rozando case decembro agárdanse xa as primeiras xeadas.

"Agora xa fai máis frío ca antes pero bueno, estamos no tempo".

"Estamos en Galicia, ten que facer frío e chover, é de lei. Non vamos estar en decembro con 30 graos".

Frío, pero con sol, será a tónica xeral dos vindeiros días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade