A Coruña, Lugo e Santiago premeron o botón do Nadal

O que sucede antes e despois do momento de acender as luces case nunca defrauda

G24.gal 01/12/2023 21:38 Última actualización 01/12/2023 22:15

Xa é Nadal tamén en Lugo A Coruña e Santiago. A 1 de decembro, as tres cidades prenderon as luces. O que sucede antes e despois dese momento case nunca defrauda.

En Lugo celebraron unha conta atrás. Pero antes dos aplausos, sempre hai expectación. Continúa sucedendo cada ano. Mesmo había que calmar as ansias dos pequenos para que non premeran antes de tempo o botón de Santiago. Finalmente, rodearon o botón e acenderon o Nadal. Desatábase unha fascinación que invita a perderse en certos ceos e tamén a facer autofotos.

As luces manteñen e semellan ir superando o éxito. Métennos de súpeto no Nadal. E a vida segue, o día a día continúa, pero faino doutra maneira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos