A Copa ten que servir para lamber as feridas do Celta

Rafa Benítez confirmou que Agustín Marchesín será o porteiro titular

O rival será o Sestao, equipo da zona baixa da 1ª RFEF, pero vai ter que xogar nun campo enlamado

G24.gal 06/12/2023 13:23

O Celta xoga este xoves (21:00) en Las Llanas o partido da segunda eliminatoria da Copa do Rei. Un torneo que pode servir para lamber as feridas da Liga na que non gañan desde hai varios meses e que o luns sufriron un duro golpe diante do Cádiz. 

Benítez volveu a insistir en que os datos lle dan a razón. "Tiramos 26 veces a portería, estou desilusionado pero ocasións xeramos moitas", asegurou o adestrador celeste. 

Diante da dúbida de cal sería o porteiro quixo despexala un día antes do partido. Marchesín ocupará o posto de titular, case un ano despois da súa grave lesión, e o canteirán Iván Villar tamén desaparece do once inicial tamén no torneo copeiro. 

Ao preguntarlle polo seu futuro, Rafa Benítez amosouse moi confiado. "Este é un proxecto a medio e longo prazo. Ninguén dubida da metodoloxía e do que vemos no campo", referíndose á total confianza da directiva malia que os resultados non están acompañando. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos