Visto para sentenza o terceiro xuízo contra López Ratón, acusado de agresión sexual

O exporteiro do Zaragoza xa foi xulgado en dúas ocasións, pero ordenouse a repetición do xuízo ao entenderse que non estaban ben argumentadas as sentenzas 

G24.gal 17/11/2023 10:24

Por terceira vez, quedou visto para sentenza en Ourense o xuízo contra o exporteiro do Zaragoza Álvaro López Ratón, acusado de agredir sexualmente unha moza do Carballiño no San Xoán de 2018.

Nas dúas ocasións anteriores, o futbolista quedou absolto pero a Audiencia Provincial ordenou repetir os xuízos por non estar suficientemente argumentadas as sentenzas.

Nesta nova sesión, e tras cinco anos de dilación, a Fiscalía rebaixou a pena que solicita, de dous a un ano de cadea. O futbolista nega os feitos e o seu avogado acusa a presunta vítima de denuncia falsa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade