Un desprendemento de terra obriga a desaloxar un edificio en Vigo

Dúas familias tiveron que ser desaloxadas pola caída de auga, barro e terra dentro das vivendas

G24.gal 26/10/2023 10:04 Última actualización 26/10/2023 14:48

Unha das incidencias do temporal que afecta Galicia foi un desprendemento de terra na zona do Berbés, en Vigo. 

Sobre as dúas da mañá, un forte estrondo sobresaltou os veciños que residen na antiga ribeira do Berbés. A maiores do grande aluvión inicial, a auga enlamada seguiu discorrendo durante horas a tráves dos edificios afectados cara o portal e a rúa. Por precaución, os servizos de emerxencia ordenaron o desaloxo das vivendas dun dos inmobles, no que residen tres persoas.

Os veciños da zona xa levaban tempo queixándose dos prexuízos que lles ocasionaba o soar lindeiro, en especial os destes inmobles que non teñen un muro de protección nese lateral en desnivel que comparten cun solar do barrio do Cura que agora esta en obras.  Agardan que agora se faga unha intervención a fondo para asegurar sobre todo as vivendas dos desaloxados, que descoñecen cando van poder volver ás súas casas. Dependerá, din, do resultado dos informes de seguridade que se están facendo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade