Cargando resultados...
Meteogalicia mantén un aviso por choiva en toda Galicia
Caerán 40 litros por metro cadrado en 12 horas
G24.gal
10/11/2023 13:47
A escasas horas do San Martiño, o seu famoso verán non dá chegado. Meteogalicia mantén un aviso por choiva en todo o país desde as tres da tarde. A previsión é que caian 40 litros por metro cadrado en 12 horas.
Ríos, encoros e represas van cheas e os lugares habituais de paseo e prácticas deportivas rexistran menos afluencia da habitual. É o caso do paseo do Lérez desde Monteporreiro ata Tafisa. Só os runners e os padexeiros resisten. Os que atopamos gozan das cores do outono e das paisaxes do curso da auga sen esquecerse de paraugas e chuvasqueiros.