O Poio Pescamar leva o derbi contra o Ourense Ontime con dous golazos

G24.gal 28/10/2023 22:46

O derbi galego do fútbol sala feminino disputado na Seca caeu do lado local. O Poio Pescamar gañouno por 2-0 grazas a dous golazos, os dous na primeira metade.

So ían disputados catro minutos cando Laura Uña facía o tanto da tarde. Collía o balón pegado á banda esquerda e, cun rápido regate, marchaba das dúas rivais que lle pechaban o paso para marcar cun remate cruzado.

O equipo pontevedrés ampliou a renda cunha bonita xogada colectiva, cun toque co calcaño de Elena Aragón para Martita, e o pase ao segundo pau onde aparecía Saki para establecer o 2-0 que xa non se ía mover. Vitoria para o Poio Pescamar na Seca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos