A afección do Rácing ten licenza para soñar

Con 23 puntos, o Racing é sétimo, a un da promoción

G24.gal 06/11/2023 16:21 Última actualización 06/11/2023 16:26

Contra o que di a canción que leva o nome da cidade, hai once meses que en Ferrol, gañar é o normal. Porque A Malata segue a puntapés co fatalismo. Aínda que pase por alí, pola costa oeste, quen se di club máis dominador da categoría, o Andorra, que cun 68 % de posesión, apenas pode exhibir un remate ao pau de Sheidler no escaparate das grandes oportunidades.

Marcar aos dez minutos axuda. Que Alvaro Giménez a coloque ao milímetro e que Iker Losada a outro da liña do fóra de xogo non a estrague pon o vento a favor. O VAR revisa e concede o dobre alegrón.

A xogada repítese cos papeis trocados. Con espazo o Rácing voa e non perdoa as concesións. O Andorra dá metros, Iker filtra e anota Giménez, desta un chisco adiantado. O Rácing actúa como o camaleón.

Cando hai que resgardarse pon a coraza e concede moi pouco á espera da picada do escorpión. Álex López, sempre ao axexo, probou por dúas veces con voleas que parecen fotocopiadas. A resposta felina de Dani Martín evitoulle danos maiores ao Andorra. É abondo.

Con 23 puntos, o Rácing é sétimo, a un da promoción. En Ferrol pódese soñar, pero en baixiño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos