Sucesos

Arden en Pontevedra catro coches que agardaban o despezamento

11/07/2025 14:14

Os coches estaban almacenados na antiga parcela de Fenosa

O Concello prevé instalar nesa propiedade a futura sede Emerxencias


Policía Nacional

Detido en Vigo por vender supostamente drogas sintéticas nun piso do centro da cidade

11/07/2025 13:48

As pescudas permitiron comprobar que nun dos domicilios se vendía cocaína e haxix, mentres que no outro se distribuían substancias sintéticas destinadas a prácticas de chemsex


Deteñen catro persoas ao desartellar un punto de venda de droga en Vilagarcía

11/07/2025 13:44

Acúsanos de traficar con heroína e cocaína nun piso da rúa Valladares

Un dos arrestados foi enviado a prisión

 


EFE / Quique García

Desartellan en Tarragona o maior laboratorio de droga sintética de España

11/07/2025 11:51

Os detidos instaláronse en Amposta, nunha zona illada dun polígono industrial, coas naves lindeiras baleiras ou abandonadas

A pleno rendemento, o laboratorio podía producir uns cen quilos de MDMA á semana

Lograron identificar os membros tras unha compra de caixoneiras para transportar a droga


(Europa Press / Elena Fernández)

Envían a prisión un dos novos detidos pola liorta de Ribeira acusado de tentativa de homicidio

11/07/2025 11:16

Sospeitase que o home, tamén acusado de condución temeraria, lesións e de participar na rifa multitudinaria, era o condutor dun dos vehículos que atropelou á vítima mortal

Os outros tres detidos que pasaron este venres a disposición xudicial quedaron en liberdade

Etiquetas:  LIORTA

Imaxe de arquivo (captura de Europa Press Tv) do histórico dirixente de ETA Josu Ternera / Europa Press

Pedraz procesa como xefe de ETA a Josu Tenera, o encargado de anunciar a disolución da banda

11/07/2025 10:15

O histórico dirixente etarra vive no País Vasco francés en réxime de liberdade baixo control xudicial e España tamén o reclama para xulgalo desde a súa captura, pero a súa extradición está pendente doutro xuízo en Francia


A Garda Civil xa permite tramitar en liña denuncias de delitos menores, como furtos ou perda de documentación

11/07/2025 08:17

Con esta medida, a Garda Civil dá un paso adiante cara á dixitalización dos seus servizos

Etiquetas:  GARDA CIVIL

Imaxe da octoxenaria desaparecida en Lugo

Buscan dous anciáns desaparecidos na provincia de Lugo

10/07/2025 19:48

No Saviñao, tres patrullas da Garda Civil, familiares e veciños da zona buscan un ancián de 94 anos

Sen pistas da octoxenaria desaparecida desde este mércores en Lugo


Juan Carlos I e Pedro Campos abandonando o aeroporto de Peinador. EFE

Xoán Carlos I volve a Galicia para desfrutar da vela por cuarta vez este ano

10/07/2025 19:39

O emérito volve para ver unha proba da liga 6 metros

En tres días chegará a princesa Leonor a Marín e despois Felipe VI


Lorena Sopêna / Europa Press

Falece un auxiliar forestal durante os traballos de extinción do incendio de Tarragona

10/07/2025 18:39

O operario caeu por un desnivel mentres consolidaba o perímetro

A Generalitat abriu unha investigación para esclarecer as causas

Etiquetas:  INCENDIO
Publicidade
Publicidade