Cargando resultados...
Primeira toma de contacto da UEFA con Balaídos
Un técnico da UEFA inspeccionou esta mañá as instalacións do estadio celeste
As obras da bancada de gol avanzan a bo ritmo
G24.gal
02/06/2025 15:44
Última actualización 02/06/2025 15:48
Primeira visita da UEFA a Balaídos. Un técnico da UEFA inspeccionou esta mañá as instalacións do estadio celeste. É unha toma de contacto.
En varias semanas haberá unha delegación do organismo europeo para avaliar o estado do campo e, se é necesario, adoptar algunha medida para acoller a Liga Europa.
Mentres, as obras da bancada de gol avanzan a bo ritmo.