Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yeremay renova co Deportivo ata xuño de 2030

Yeremay renova co Deportivo ata xuño de 2030

Hai unha opción de ampliación por 3 temporadas adicionais

Foto LaLiga
G24.gal 16/06/2025 19:15 Última actualización 16/06/2025 19:23

O Deportivo e Yeremay Hernández alcanzaron un acordo para reforzar o seu contrato, que se estende ata xuño de 2030, con opción de ampliación por 3 temporadas adicionais. O novo vínculo contempla tamén unha mellora na súa cláusula de rescisión.

O Deportivo, di nun comunicado, prioriza consolidar un modelo competitivo con xogadores comprometidos co presente e futuro da entidade.

"Hoxe é un día moi importante para o RC Deportivo e para toda a familia deportivista. É un día de alegría e celebración por un xesto de compromiso, identidade e amor por este club. Yeremay decidiu quedar connosco a pesar de recibir importantes ofertas que lle abrían as portas dalgúns dos clubs máis importantes de Europa.", sinala o conselleiro delegado do RC Deportivo, Massimo Adalberto Benassi.

Pola súa banda, Fernando Soriano, director de Fútbol do RC Deportivo, cualifica a noticia como "un paso firme para consolidar o crecemento dun xogador formado na nosa canteira, que creceu cos valores e a identidade do club"

O club, no mesmo comunicado, agradece profundamente a profesionalidade, "a implicación e a vontade de Yeremay de seguir formando parte do Dépor nesta nova etapa". 

𝐶𝑎𝑛𝑎𝑟𝑖𝑜 𝑑𝑒 𝑛𝑎𝑐𝑒𝑚𝑒𝑛𝑡𝑜, 𝑝𝑒𝑟𝑜 𝑐𝑜 𝑐𝑜𝑟𝑎𝑧𝑜́𝑛 𝑏𝑟𝑎𝑛𝑞𝑢𝑖𝑎𝑧𝑢𝑙 pic.twitter.com/NFU36fNvDn

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade