Cargando resultados...
Jankovic "Os erros nos últimos minutos foron chave na derrota"
O xogador breoganista analizou a derrota en Sevilla

G24.gal
05/02/2022 22:42
Tras unha semana intensa e complicada o Breogán regresou á competición sen acerto e sen sorte. A baixa de Mahalbasic tivo que ser solventada por Sako e polo último en chegar, Nikola Jankovic. O pívot serbio atendeu ao enviado especial da Radio Galega, Raúl Villares ao remate do partido.
"Non foi suficiente o esforzo que fixemos. Determinados erros que tivemos en momentos determinados, nos últimos minutos foron os que lle deron a vitoria a Betis. Sentinme ben ,teño moita marxe de mellora e moito espazo para facer mellor as cousas"