Ionut Radu, primeira fichaxe do novo proxecto do Celta
O porteiro romanés conta con ampla experiencia no fútbol italiano
Asina co club vigués ata o ano 2029
Ionut Radu xa é novo porteiro do Celta. O club vigués asinou o meta romanés de 28 anos, que chega coa carta de liberdade. Radu aterrou ás 16 horas en Peinador e foi á Sede onde pasou o recoñecemento médico e asinou o contrato.
O porteiro conta coa experiencia que pretendía o club e con ampla experiencia no fútbol italiano, ao que chegou moi novo, militando en clubs como Inter, Xénova, Cremonese ou os últimos meses no Venezia, no cal disputou 15 partidos desde febreiro sendo titular indiscutible, tras chegar no mercado invernal procedente do Inter.
Tamén xogou uns meses no Auxerre francés e no Bournemouth inglés e foi internacional con Romanía. O Celta leva semanas negociado cos seus axentes e convértese no substituto de Vicente Guaita, ao que o club non renovou. Cumpre todos os requisitos, ao contar con experiencia internacional, dispoñer da carta de liberdade e do visto e prace de Claudio Giráldez.
