Publicador de contidos

Publicador de contidos

Constitúen unha asociación de criadores de vacas de raza Limousin

Constitúen unha asociación de criadores de vacas de raza Limousin

Son 55 criadores que reúnen 1.200 cabezas de gando de pura raza

Queren que os deixen comercializar como Tenreira Galega

G24.gal 11/07/2023 20:32 Última actualización 11/07/2023 20:44

Capacidade para adaptarse a calquera terreo e clima, unha alta produción de quilos de carne por exemplar e facilidade para parir. Son os tres trazos esenciais das vacas Limousin e os que levan a que cada vez máis gandeiros opten por incluílas na súa cabana, ben para a venda de carne, ben para sementais e para cría. Gabino trouxo exemplares de Francia pero hoxe aposta pola recría en Galicia. 

Os criadores acaban de constituír unha asociación con 55 membros e 1.200 cabezas de gando. O obxectivo é duplicar esa cabana nos próximos anos e aumentar as hectáreas de terreo dedicadas á cría. Queren tamén que a raza non sexa vista só como unha opción de cruzamento senón que haxa unha aposta clara pola pureza e pola creación do libro xenealóxico galego. Ao cabo, adaptáronse perfectamente a Galicia.

Agora xa solicitaron que a Limousin pura sexa incluída como especie apta para comercializar como Ternera Gallega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade