Publicador de contidos

Publicador de contidos

Borja Iglesias fala dos rumores da súa posible saída

Borja Iglesias fala dos rumores da súa posible saída

O santiagués emocionouse cunha mensaxe de Claudio Giráldez

En México comentan unha posible saída ao América

G24.gal 10/07/2026 12:00 Última actualización 10/07/2026 23:13

Borja Iglesias atendeu os medios de comunicación na previa do España-Bélxica de cuartos do Mundial. O xogador do Celta falou do partido de mañá, pero tamén dos temas nos que estivo envolto esta semana.

Primeiro, o debut mundialista. Na pasada rolda de oitavos de final, o santiagués disputou o seu primeiro minuto no torneo. En clave Celta, Borja comentou que se emocionou pola mensaxe do seu adestrador, Claudio Giráldez.

O Panda explicou que na bancada, xa despois do partido, comezou a pensar no feito de que fora só un minuto o que disputou. O santiagués contou que Claudio o felicitou polo debut, pero non simplemente por xogar, senón por como o fixo no campo e por como chegou aí sendo o tipo de persoa que é. Borja admitiu que estivo "chorando un bo anaco".

Os rumores de saída ao América

Tamén foi preguntado o dianteiro do Celta por unha posible saída cara ao fútbol mexicano. Nos derradeiros días, saíron informacións dun posible interese do Club América. Fálase incluso dunha cifra arredor dos 10 millóns de euros.

O compostelán comentou que el "é superfeliz no Celta, en Galicia, na súa casa", aínda que el admitiu que "no fútbol nunca se sabe o que pode pasar". Pechou falando de que o seu enfoque é estar "centrado no Mundial, logo en desfrutar das vacacións e en volver a Vigo, que é a súa casa", aínda que comentou tamén que "xa veremos que pasa".

Borja Iglesias terá unha nova oportunidade de desfrutar de minutos no partido de hoxe fronte a Bélxica, que se disputará ás 21:00 no Estadio Los Ángeles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade