Ofelia Rey Castelao: "O pasado serve para entender o presente, e viceversa"
A catedrática da USC acaba de gañar o Premio Nacional de Historia de España pola súa obra El vuelo corto. Mujeres y migraciones en la Edad Moderna
El vuelo corto. Mujeres y migraciones en la Edad Moderna é a obra pola que a historiadora Ofelia Rey Castelao acaba de gañar o premio Nacional de Historia de España, que concede o Ministerio de Cultura. O libro, publicado en 2021 por USC Editora, ofrece unha visión integral das migracións das mulleres españolas na Idade Moderna.
A obra premiada saca á luz a importancia da mobilidade das mulleres na Idade Moderna. Tamén analiza a vida das mulleres que tiveron que afrontar as consecuencias da emigración dos seus familiares máis próximos.
A historia das mulleres é unha das principais liñas de investigación de Rey Castelao, catedrática da USC e cunha longa traxectoria académica. Das migracións das mulleres e deste Premio Nacional falou a historiadora estradense no Diario cultural da Radio Galega.